Fonte de A Dormiñona en As Ermitas

A Dormiñona

Se subes polo camiño que sae do adro da igrexa cara a Resurrección, a pouco máis de cen metros do Santuario atoparás unha fermosa fonte de pedra, que todos nas Ermitas coñecen como A Dormiñona.

Foi construída a comezos do século XVIII, e dende entón ven sendo un dos principais puntos de abastecemento de auga potable para a xente das Ermitas.

A saborosa auga da Dormiñona chega ata a fonte dende un manancial cercano a través dunha canle de pedra que baixa pola montaña.

Para beber tes que pisar na louxa de pedra que se asenta sobre o pilón, con coidado de non esbarar, e apoiarte sobre a taza na que cae a auga por un cano.

A auga abrolla dunha concha estriada, coroada pola imaxe dunha moza durmida sobre un cántaro e que da nome á fonte. No frontispicio, sobre a moza Dormiñona, poderás ve-lo escudo mariano e no alto, a figura doutra moza que sostén un cántaro na cabeza.

Non marches das Ermitas sen proba-la saborosa auga da Dormiñona e levar algunhas botellas deste magnífico manancial para obsequiar ós teus amigos.

A Dormiñona, fonte de As Ermitas