Santuario de As Ermitas

O Bolo (Ourense)

Construción do Santuario das Ermitas

A tradición conta que foi do Bispo de Astorga Alonso Messía de Tovar do que nace a iniciativa de construí-lo Santuario de As Ermitas, tras unha curación milagrosa atribuída á intercesión da Virxe.

O certo é que daquela xa existía no val das Ermitas, en Terras do Bolo, unha pequena capela na que se veneraba unha Imaxe da Virxe. Non coñecémo-la data da súa construción, pero probablemente tivera orixe medieval.

A Imaxe da Virxe das Ermitas danos algunhas pistas, pois, aínda que non nos permite data-la súa orixe de forma precisa, amosa, baixo o manto e demais adornos postizos, unha talla moi mutilada dunha efixie sedente en madeira policromada, que pola súa tipoloxía podería ser dos séculos XIII ou XIV.

A Virxe das Ermitas

Virxe bonita, caritativa a milagreira, a Virxe das Ermitas é a Señora por excelencia destas agrestes paraxes das montañas orientais de Galicia.

O Canón do Bibei foi terra de anacoretas, poboadores das súas ribeiras dende tempos remotos e que nos legaron a fermosísima Imaxe da Virxe das Ermitas.

Non hai fermosura que se iguale á da Nosa Señora das Ermitas, nin devoción semellante á dos seus fieis, ermitaños e santeiros.

Conta a tradición que a Imaxe da Virxe foi atopada nunha cova por uns pastores, ós que alertou o xeito estraño dos bramidos do gando ó pasar por un determinado lugar.

Virxe das Ermitas

Artigos destacados

Santuario de As Ermitas

A construción do Santuario das Ermitas

Conta a tradición que o Bispo de Astorga Alonso Messía de Tovar, tras unha curación milagrosa atribuída á Virxe mandou construí-lo Santuario de As Ermitas.

Saber máis
A Igrexa do Santuario das Ermitas

A Igrexa do Santuario de As Ermitas

No fermoso val das Ermitas, en Terras do Bolo, érguese maxestuosa nun marco incomparable, coma un dos monumentos máis impresionantes do país.

Saber máis
O Santuario das Ermitas

O Seminario Menor Diocesano das Ermitas

Contan os que ocuparon as aulas do Seminario das Ermitas, que a estadía rexíase por unha disciplina espartana e pola busca da excelencia académica.

Saber máis