Casa Rural Anduriña

A Casa Rural Anduriña é unha casa labrega tradicional situada en Celeirós, no Concello do Bolo. Ademáis da vivenda, ten adega e corte e conserva o encanto das vellas casas de aldea.

Construída en pedra, mantén a súa estrutura e materiais orixinais, pero completamente adaptada ás necesidades de hoxe. Ten áreas comúns e unha habitación equipada e adaptada para persoas con mobilidade reducida.

Polas súas dimensións, con capacidade para 22 persoas, é ideal se viaxas en grupo ou tes familia numerosa. A Casa Rural Anduriña ten oito habitacións dobres, con posibilidade de instalar camas supletorias e berces.