O Castelo do Bolo
O outeiro do Bolo, pola súa estratéxica posición, contou con estruturas defensivas dende a época prerromana, co asentamento dos Volobrigas, os primeiros poboadores desta terra.
Destas primeiras construcións non queda nada. O Castelo do Bolo que podes visitar hoxe en día en unha reconstrución obra de Juan Pimentel nos séculos XV-XVI, trala súa destrución case total no marco das revoltas dos Irmandiños (1467-69).
O primeiro Castelo do Bolo, probablemente moito máis grande e impoñente, erguérase a comezos do século XII, en tempos de Dona Urraca.
Visita-lo Castelo do Bolo
Recentemente restaurado, podes subir á torre da homenaxe, que con 18 metros de altura domina o Castelo do Bolo e as terras que o rodean. As vistas dende o alto son espectaculares e poderás aproveitar para sacar algunhas fotos únicas da bisbarra.
Dentro do Castelo do Bolo podes visitar un centro de interpretación interactivo no que comprendera-la evolución do Castelo a través do tempo e a súa influencia nesta zona do oriente ourensán.
Se queres coñecer mellor estas terras, pasar un rato agradable e desfrutar das súas fermosas vistas, podes achegarte a visitar o Castelo do Bolo, a uns seis quilómetros do Santuario de As Ermitas.
Ficha técnica
Data de construción | S. XV-XVI |
Concello | O Bolo (Ourense) |
Acceso | Dende a OU-533 colle o desvío cara O Bolo á altura de Lentellais |
Coordenadas | 42º 18' 29" N - 7º 05' 42" O |