Que ver no Santuario das Ermitas
O Santuario das Ermitas ofrecerache innumerables sensacións e un patrimonio inabarcable que só poderás visitar parcialmente.
Deixa o coche aparcado e móvete a pé por todo o Val das Ermitas para explorar todo o que este marabilloso Santuario mariano ten para ofrecerche.
Un extraordinario Via Crucis barroco que simboliza a Paixón de Cristo, preciosas fontes das que abrolla unha auga magnífica, e un Santuario que se ergue maxestuoso entre inmensos fragóns na ladeira da montaña.
O Santuario das Ermitas é unha das xoias do noso patrimonio que debemos coñecer e preservar.