Pena Trevinca
Pena Trevinca con 2.127 metros de altitude sobre o nivel do mar é a montaña máis alta de Galicia. No mesmo macizo de Trevinca e formando parte tamén da Serra do Eixe, a Pena Negra (2.123 m) e a Pena Survia (2.122 m) destacan tamén dentro deste espazo natural protexido.
Tesouros da natureza en Pena Trevinca
Ademáis de gozar da fermosura da paisaxe, en Trevinca poderás coñecer os seus elementos de orixe glaciar, coma a Lagoa da Serpe e a Lagoa de Ocelo, ou percorrer o Teixadal, un bosque de teixos centenarios que forman un ecosistema único en Europa.
Se es un amante das aves e desfrutas da súa observación, en Pena Trevinca atoparás unha ampla diversidade tanto de aves como de outra fauna da montaña. Mesmo podes ter sorte e ve-la parella de aguias reais que todavía aniña nestas paraxes da Serra do Eixe.
Un lugar perfecto para contempla-las estrelas
Outra cousa interesante que debes saber da Pena Trevinca é que é un dos 14 lugares do mundo co certificado starlight, que distingue os puntos de todo o planeta dende onde se pode acadar mellores vistas do firmamento. Se che interesa a astronomía, tódolos veráns organizan unha andaina noturna dende A Veiga para contemplá-las estrelas.
Se che gusta a tranquilidade, camiñar polas montañas e desfrutar da natureza en estado puro, non perdas esta excursión a Pena Trevinca.
Iso si, debes recordar que estamos a falar de montañas de máis de dous mil metros de altitude e que acceder a elas entrana riscos. Comeza á mañanciña, leva roupa e equipamento axeitados e soamente se te-los coñecementos suficientes e a climatoloxía acompaña.
Ficha técnica
Serra | O Eixe |
Concello | A Veiga (Ourense) |
Altitude | 2.127 m |
Superficie | 25.000 Ha |
Acceso | Pola OU-CV-177 dende a Veiga ata a aldea de Ponte. Dende alí continúase a pe. |
Coordenadas | 42° 14′ 34″ N - 6° 47′ 46″ O |