Cousas que ver preto do Santuario das Ermitas
Cando visites As Ermitas non perda la oportunidade de percorre-la bisbarra e descubri-los interesantes tesouros do noso patrimonio que se agochan entre estas fermosas paisaxes e que paga a pena que coñezas.
Lugar de paso dende tempos remotos, a comarca de Valdeorras conta con un acervo histórico que te sorprenderá. Dende as obras máis avanzadas da enxeñería romana ata construcións medievais e grandes monumentos naturais, a herdanza que os nosos antigos nos legaron nestas terras é tan ampla como interesante.
Se che gusta a natureza, moi pretos das Ermitas, as fermosas montañas do Macizo Central Galego, as Serras de Queixa e do Eixe daranche a oportunidade de desfrutar dunha fauna e unha flora exuberante e dunhas paisaxes únicas que son un pracer para os sentidos.