Planea a túa visita ó Santuario das Ermitas
Cando veñas ó Santuario das Ermitas, planea a túa visita con antelación e non perdas nada. Fai da túa viaxe polas Terras do Bolo unha lembranza inesquecible.
Os mellores sitios para comer, as experiencias máis gratificantes e os lugares máis atractivos onde aloxarte, para sacarlle o meirande partido á túa estadía nas Ermitas.
Tanto se visitas o Santuario das Ermitas nos meses de verán, na Semana Santa ou no Rosario, cando hai máis xente, como se o fas durante o inverno, aproveita ó máximo a túa viaxe.