Aloxarse preto do Santuario de As Ermitas
Tes excelentes opcións para te aloxar preto do Santuario, aínda que non é posible facelo sen saír de As Ermitas. Como seguramente viaxes con un vehículo recomendámosche lugares que se atopan a poucos quilómetros do Santuario.
No concello do Bolo como nos de Manzaneda ou A Veiga tes variedade de sitios onde durmir se o que buscas é un aloxamento de tipo rural. Deste xeito poderás vivir unha experiencia máis completa das montañas do oriente de Ourense e os seus paraísos naturais.
Tamén hai un grande número de hoteis e hostais a unha distancia cómoda para visita-lo Santuario das Ermitas e continua-lo teu percorrido polas Terras do Bolo tanto sen sair do propio concello como nas poboacións veciñas de Viana ou A Rúa.