Historia do Santuario das Ermitas
O Bispo de Astorga Alonso Messía de Tovar mandou erguer un grande santuario, tras unha curación milagrosa atribuída á Virxe das Ermitas, que se veneraba nunha sinxela capela na ribeira do Bibei.
Co paso do tempo o Santuario das Ermitas converteuse nun dos centros de peregrinación máis importantes de todo o noroeste peninsular e un centro relixioso de primeiro orde en Galicia e nos territorios limítrofes.
A Historia do Santuario das Ermitas é tamén a das súas xentes e a das persoas que fixeron posible a construción e conservación deste marabilloso lugar, que forma parte dun patrimonio histórico protexido que paga a pena descubrir.