Pazo da Pena
O Pazo da Pena é unha antiga casa fidalga de Manzaneda do s. XVI totalmente rehabilitada. Conserva a súa singularidade de sempre, pois foi restaurada respectando ó máximo a estrutura e os materiais orixinais.
É un lugar relaxante, onde poderás desfrutar dun descanso tranquilo e afastado pero con todo luxo, nun entorno rural e ecoloxicamente sostible.
O Pazo da Pena ofrecerache unha experiencia moi atractiva, na que se coidan tódolos detalles pero onde ó tempo vivirá-la autenticidade deste lugar espectacular.
O Pazo da Pena de Manzaneda está moi preto do Souto de Rozavales, un auténtico monumento natural que paga a pena coñecer.