Contempla-las estrelas na Veiga (Destino Starlight)

As montañas do Concello de A Veiga gozan dende hai algúns anos da declaración de Destino turístico Starlight, que asegura que este lugares do oriente ourensán son un entorno óptimo para contempla-las estrelas, pola total ausencia de luz.

Entre os mellores puntos para divisa los astros en toda a zona está o coñecido como Miradoiro das Estrelas, a carón da Lagoa das Tablillas, en pleno Macizo de Trevinca.

Un dos signos de que A Veiga é un lugar espectacular para contempla-las estrelas é que se pode ve-la Vía Láctea a simple vista, sen necesidade de empregar un telescopio. As noites estreladas son unha auténtica delicia dende este privilexiado entorno de alta montaña.

O Concello de A Veiga, dende hai algúns anos, esfórzase en promover estas terras como un destino de primeiro orde para divisa-las estrelas. Cada verán organizan unha andaina ó Mirador das Estrelas coincidindo coas perseidas, popularmente coñecidas como as Bágoas de San Lourenzo, a popular choiva de estrelas da primeira quincena de agosto. Se queres máis información, podes poñerte en contacto co Concello de A Veiga.

Tamén, algúns dos hoteis da Veiga están a organizar, sobre todo dende a declaración como Destino Starlight, actividades para contempla-las estrelas dende as súas instalacións. Entre eles recomendámosche a Casa Rural Eido das Estrelas, en Valdín, un aloxamento espectacular no que vas poder contar con aparellos, información e actividades para observa-lo firmamento.

Unha das vantaxes da montaña do oriente ourensán para ve las estrelas é que se trata dun clima de transición no que atopara-lo ceo despexado máis de duascentas noites do ano, a diferencia do que ocorre en outras partes de Galicia.

Antes de planea-la túa viaxe para contempla-las estrelas neste marabilloso Destino Starlight, recorda comprobar cal vai se-la lúa que vas atopar. Trata de evita las noites claras de luar e prefire as noites de lúa nova. Canto máis escuridade, mellor vas poder ve-las fermosas estrelas de A Veiga.