Ruta dos Fornos de Celavente

En Celavente, no Concello do Bolo, vas poder participar nunha das festas máis orixinais que se celebran en Galicia. A Ruta dos Fornos de Celavente é unha celebración diferente, na que cada primavera os antigos fornos comunais desta aldea valdeorresa abren as súas portas para que poidas proba-los seus mellores produtos.

Ademais, a Ruta dos Fornos e as Fontes de Celavente é un paseo pola natureza. Os seis fornos comunais, entre os que te moverás camiñando, están nun entorno privilexiado polo que vas recorrer algo máis de catro quilómetros a través dunhas paisaxes espectaculares.

Vas degustar chourizos asados, empanada, orella, xamón asado, roxóns e unha espectacular crema de bullotes (castañas), típica de Celavente. Por suposto, na Ruta dos Fornos non van faltar os viños da Denominación de Orixe de Valdeorras.

Durante a visita ós fornos, vas contar co compaña dunha charanga, para anima-lo ambiente neste día de celebración tan especial. Rematada a ruta, segue a festa rachada toda a noite en Celavente, coa actuación da charanga e unha disco-móbil, para que o pases en grande ademais de coñecer fermosas tradicións das Terras do Bolo.