A Capilla Granxa-Escola
A Capilla Granxa-Escola é un centro de formación que pretende achegar ós máis pequenos á realidade do rural, coa cría de pitas, burros ou ovellas.
Pero ademais de ofrecer esta clase de visitas tan interesantes, a Capilla Granxa-Escola é un dos mellores sitios para comer das Terras do Bolo. Iso si, recorda que non é un restaurante como tal e que é imprescindible reservar.
Serven tanto comidas como ceas e os horarios de apertura varían en función da época do ano. O mellor e que chames por teléfono o día anterior para informarte.
Vas comezar cunha táboa de embutidos artesanais, cos mellores produtos da zona, para despois pasar ó cordeiro ó forno, que é o emblema da Capilla Granxa-Escola. Se queres que che saia un prato aínda máis divertido, pódelo acompañar cunhas racións de carne de vaca cachena, de altísima calidade.
Na Capilla Granxa-Escola tamén serven chuletón e costrela de vaca vella no punto óptimo de curación. Unha auténtica delicia para os que nos gusta a carne con sabor.
Un lugar moi agradable en plena natureza e no que se come fantasticamente ben onde ademais aprenderás cousas sobre os modos de vida no rural.