Restaurante Boavista
O restaurante Boavista é un dos mellores de toda a comarca de Valdeorras. Ademais de comer ben, ten a vantaxe dun acceso moi cómodo na OU-533, a estrada principal que cruza o Concello do Bolo, a carón da gasolineira de Lentellais.
Ofrece tódolos mellores produtos da zona, sendo un restaurante especializado en carne de vaca. Na carta vas atopar chuletóns, solomillos ou hamburguesas gourmet da mellor calidade. E como non podía ser doutro xeito tamén serve Terneira Galega.
Pero se hai un prato estrela no Restaurante Boavista son os callos, preparados cun delicioso estilo da casa e un fixo no menú dende hai moitos anos.
O edificio do restaurante é moi luminoso e agradable e conta cun servicio amable e atento. Ademais unha parte é bar e terraza, onde tamén podes comer algo se a sala está completa.
Está a pouco máis de tres quilómetros do cruce do Santuario de As Ermitas e moi ben situado para continua-lo teu percorrido polas Terras do Bolo.