A tradición conta que foi do Bispo de Astorga Alonso Messía de Tovar do que nace a iniciativa de construí-lo Santuario de As Ermitas, tras unha curación milagrosa atribuída á intercesión da Virxe.
O certo é que daquela xa existía no val das Ermitas, en Terras do Bolo, unha pequena capela na que se veneraba unha Imaxe da Virxe. Non coñecémo-la data da súa construción, pero probablemente tivera orixe medieval.
A Imaxe da Virxe das Ermitas danos algunhas pistas, pois, aínda que non nos permite data-la súa orixe de forma precisa, amosa, baixo o manto e demais adornos postizos, unha talla moi mutilada dunha efixie sedente en madeira policromada, que pola súa tipoloxía podería ser dos séculos XIII ou XIV.
Virxe bonita, caritativa a milagreira, a Virxe das Ermitas é a Señora por excelencia destas agrestes paraxes das montañas orientais de Galicia.
O Canón do Bibei foi terra de anacoretas, poboadores das súas ribeiras dende tempos remotos e que nos legaron a fermosísima Imaxe da Virxe das Ermitas.
Non hai fermosura que se iguale á da Nosa Señora das Ermitas, nin devoción semellante á dos seus fieis, ermitaños e santeiros.
Conta a tradición que a Imaxe da Virxe foi atopada nunha cova por uns pastores, ós que alertou o xeito estraño dos bramidos do gando ó pasar por un determinado lugar.
Conta a tradición que o Bispo de Astorga Alonso Messía de Tovar, tras unha curación milagrosa atribuída á Virxe mandou construí-lo Santuario de As Ermitas.
Saber máisNo fermoso val das Ermitas, en Terras do Bolo, érguese maxestuosa nun marco incomparable, coma un dos monumentos máis impresionantes do país.
Saber máisContan os que ocuparon as aulas do Seminario das Ermitas, que a estadía rexíase por unha disciplina espartana e pola busca da excelencia académica.
Saber máis