Ruta das Covas de Seadur

Cada Sábado de Pascua, miles de persoas achéganse ata Seadur, no concello de Larouco a degusta-los saborosos viños da zona, coñecer algunhas das máis fermosas bodegas de Valdeorras e sobre todo a pasalo ben nun ambiente festivo.

Ó chegar compras unha entrada coa que che dan unha camiseta e unha cunca e accedes ó camiño das Covas de Seadur, onde están tódalas covas e bodegas que vas visitar durante a festa.

Durante toda a tarde, as mellores bodegas de Seadur ofreceranche os seus viños, acompañado con pinchos de produtos do país, nunha tarde de festa que culmina cunha charanga e un baile que se prolonga ata a madrugada.

Na Ruta das covas de Seadur vas beber viño a encher, comer e bailar e todo incluído por só 12 euros. Unha interesante experiencia coa que pasar un rato divertido e coñecer lugares interesantes preto do Santuario de As Ermitas.